Vulnerabilidade. Reduto ou fronteira do Estado social

O próximo xoves 29 de outubro ás 17.30h, Alba Nogueira López, Catedrática de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela, presentará: “Vulnerabilidade. Reduto ou fronteira do Estado social”.

O uso do concepto de vulnerabilidade está en auxe nos textos filosóficos, sociolóxicos ou xurídicos. Esta eclosión do termo no Dereito pode entenderse desde a perspectiva de que a crecente énfase nos dereitos sociais ou nas prestacións dirixidas a grupos vulnerabeis significa que o estado de benestar abandonou o principio de dereitos e prestacións sociais universais, optando, pola contra, por ofrecer tan só unhas garantías mínimas (*de minimis*) a grupos ou individuos especialmente desfavorecidos; ou, pola contra, pode estar a formalizar unha realidade preexistente “de facto”: a dun estado social limitado, caracterizado por políticas de benestar dirixidas exclusivamente aos máis desfavorecidos. As políticas de vivenda son un bo campo de análise para estudar se estamos nun cambio de modelo de estado de benestar tanto no papel dos poderes públicos, como nos suxeitos aos que se dirixen as políticas sociais.

BIO

Alba Nogueira López

Biografía