Unha figura clave no pensamento de Donna Haraway é o cyborg. Este permítenos comprender a proposta epistemolóxica dos coñecementos situados. Asemade, segue interpelándonos, décadas despois do seu debut na escea feminista, sobre con quen xeramos parentesco e sobre a nosa responsa-bilidade, é dicir, a nosa responsabilidade e habilidade de dar resposta aos desafíos do mundo que habitamos. Así, preténdese analizar a obra desta autora facendo fincapé na súa proposta política. Proposta baseada na articulación: como feminista non queda máis opción que configurar mundos cyborgs.

BIO

Carme Adán

Biografía