O Ciclo de Conferencias Coñecemento e Cidadanía organizado pola Coordinación do Máster en Filosofía terá dúas sesións no mes de abril. Convídase xa á primeira, “Liberdade e pensamento: Virginia Woolf e a política de xénero en Un cuarto de seu (1929)” que impartirá a profesora da USC Laura Lojo, o Martes 11 de abril ás 16h. A asistencia ao Salón de Actos será libre ate completar aforo.
BIO
Laura Lojo Rodriguez
As súas publicacións mais recentes sobre o tema inclúen “Magic Realism and Experimental Fiction: From Virginia Woolf to Jeanette Winterson” (en The Oxford Companion to Virginia Woolf, Oxford University Press, 2021), Gender and Short Fiction: Women’s Tales in Contemporary Britain (Routledge, 2018), Borders and Border-crossings in the Contemporary Short Story in English (Palgrave, 2019) e Postcolonial Youth in Contemporary Fiction (Brill, 2021). Lojo é investigadora principal do proxecto financiado pola Axencia Estatal de Investigación Relatos de frontera: Cambio global e identidade na narrativa breve británica contemporánea. (PID2021-122433NB-I00) e a coordinadora do grupo de referencia competitiva Discurso e Identidade, financiado pola Xunta de Galicia (ED431C, 2019/001).