Presentación

A quen vai dirixido

O Máster está dirixido a persoas tituladas universitarias cuxo interese sexa a reflexión filosófica acerca dos tópicos de ‘coñecemento e comprensión do mundo’ e de ‘cidadanía e globalización’.

Preferentemente atenderanse as solicitudes de graduados/as en títulos de humanidades e ciencias sociais, aínda que o carácter multidisciplinar do Máster permitirá que se incorporen persoas dotras titulacións.

O Máster proporciona unha formación sólida e especializada en pensamento crítico achega do coñecemento e comprensión do mundo, a  cidadanía e a globalización. Tamén familiariza ao alumnado coas técnicas e requisitos da investigación nas Humanidades, dado que se trata dun máster que dá acceso ao programa de doutoramento.

facultad filosofia

Este Máster responde á demanda de quen busca unha formación para orientarse cara á investigación ou para formar parte de equipos de análise crítica e exploración de solucións ante os retos actuais relacionados co coñecemento e a cidadanía. A Filosofía é un saber  constitutivamente aberto a todos os demais: humanidades, política, ciencias, técnicas ou arte. Neste sentido a perspectiva interdisciplinar é un dos aspectos máis relevantes deste máster.

OBXETIVOS

  •  Proporcionar unha formación sólida e especializada en pensamento crítico achega do coñecemento e comprensión do mundo, a cidadanía e a globalización.
  • Situar dita formación no conxunto dos saberes humanísticos, as ciencias naturais, as tecnoloxías e as ciencias sociais; no tecido empresarial, institucional e cultural, así como ante a práctica social do mundo contemporáneo.
  • Familiarizar ao alumnado coas técnicas e requisitos da investigación, dado que se trata dun máster que dá acceso ao doutoramento.

HABILIDADES E COMPETENCIAS

A formación filosófica e interdisciplinar que se obtén cun máster destas características achega calidades e competencias singulares, relacionadas coa análise crítica dos problemas, a capacidade para  reformularlos, así como atopar solucións innovadoras. Igualmente, proporciona unha sólida base para o acceso ao mercado de traballo.

O máster capacita ao alumnado para traballar en calquera campo que necesite abordar e entender os problemas e posibilidades  que se desprenden das ciencias, as humanidades e as grandes innovacións tecnolóxicas, así como os derivados do proceso de globalización e a ineludible reformulación da noción de cidadanía.

Algunhas das competencias que proporciona o máster son:

  • Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas.
  • Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
  • Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
  • Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
  • Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
  • Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos e  deliberar conforme a criterios éticos.

CARACTERÍSTICAS

Estrutura: MÁSTER INTERDISCIPLINAR CON DOUS ITINERARIOS.

      • Coñecemento e comprensión do mundo.
      • Cidadanía e globalización.

Duración: A tempo completo (1 curso académico) ou a tempo parcial (2 cursos académicos).

Orientación: Investigadora

Precio: consultar

Número de plazas: 20

Lugar: Facultade de Filosofía, Santiago de Compostela (Galicia – España)

Contacto: filosofia.uaxcd@usc.es

Coordinación: yolanda.martinez.suarez@usc.es

Web: www.usc.es/es/centros/filosofia

Cartel filosofía, conocimiento y ciudadanía