O plan de estudos está formado por catro módulos e un Traballo de Fin de Máster que suman un total de 60 créditos.
Módulos |
1. Formación básica |
2. Materias obrigatorias do itinerario “Coñecemento e Comprensión do Mundo” |
3. Materias obrigatorias do Itinerario “Ciidadanía e Globalización” |
4. Materias optativas |
5. Traballo de Fin de Máster |
O máster está estruturado en catro módulos e o Traballo Fin de Master. O alumnado debe realizar integramente o módulo 1, que son materias de formación básica e común. O alumnado debe optar entre o módulo 2, que se corresponde co itinerario de “coñecemento e comprensión do mundo” ou o módulo 3 que se corresponde coa itinerario “cidadanía e globalización”. Así mesmo, complementarán a súa formación con 3 materias das que se ofertan no módulo 4, que son materias optativas. Ademais, todo o alumnado deberá realizar un Traballo de Fin de Máster.
1ro semestre | Módulo 1 (Obrigatorias) | Módulo 2 (Itinerario 1) | Módulo 3 (Itinerario 2) |
2do semestre | Módulo 4 (Optativas) | Traballo Fin de Máster (Obrigatorio) |
Primeiro Semestre
Módulo 1: 6 Materias de Formación Básica
- Cidadanía, Xustiza e Democracia
- Signo, Representación, Realidade
- O Concepto Antropolóxico da Cultura e da Diversidade Cultural
- Ciencia, Técnica, Pensamento
- Problemas de Estética Contemporánea
- Técnicas de Traballos de Investigación
Módulo 2: 6 Materias Obrigatorias do Itinerario “Coñecemento e Comprensión do Mundo”
- Desenvolvemento do Coñecemento Científico
- Teorías e Procesamento da información
- Mente Humana
- Pensamento e Discurso
- Pensamento e Humanidades Dixitais
- Perspectivas Actuais da Filosofía da Historia
Módulo 3: 6 Materias Obrigatorias do Itinerario “Cidadanía e Globalización”
- Xénero e Teoría feminista
- Éticas Aplicadas
- Cosmopolitismo e Cidadanía Global
- Patrimonio Cultural e Identidade
- Pensar a Economía
- Arte e Cidade
Segundo Semestre
Módulo 4: 3 Materias Totalmente Optativas (cada curso ofertanse un mínimo de 6 das seguintes materias)
- Filosofía e Empresa
- Pensar o Coñecemento
- Linguaxe, Representación e Comunicación
- Bioética Actual
- Teorías da Complexidade
- Filosofía, Historia, Ciencias Humanas
- Arqueoloxía, Antropoloxía, Historia
- Nacións, nacionalismos e movementos étnicos na era da globalización
- Filosofía e Literatura
- O Malestar na Filosofía Contemporánea e a Teoría Psicoanalítica
- O Método Etnográfico. O seu uso en Humanidades e Ciencias Sociais
- Dialécticas entre lo Rural e o Urbano
Traballo Fin de Máster (15 créditos).