Alumni

Alumni

William Ferreira Pinto

William Ferreira Pinto

Titulado do Máster en Filosofía.

"O Máster en Filosofía da USC foi un fito na miña vida. Con el adquirín profundos coñecementos teóricos sobre cuestións filosóficas e, como estranxeiro en España, puiden gozar dunha experiencia que me enriqueceu como persoa. A elección da USC partiu dun complexo que inclúe unha universidade con calidade e séculos de historia, a cidade que é unha xoia de Galicia e un pobo moi acolledor. Para min, todo isto significa que a USC é máis que unha universidade, é unha experiencia de vida”.

Mat Rozas Arceo

Mat Rozas Arceo

Titulado do Máster en Filosofía. Actualmente investigador predoutoral no programa de Filosofía da USC.

"Eu ao principio considerei facer o mestrado de profesorado mais decidín facer o mestrado en filosofía ao final, e non me arrepinto. Para aquelas que non cursaron a carreira é unha oportunidade excelente de entrar en contacto coa filosofía sen necesitar tanto tempo. Para quen xa cursou a carreira, debido a interdisciplinariedade do máster, hai novos contidos e a maiores habilítate como investigadora e pode poñerte en contacto con quen guíe a túa investigación axeitadamente, polo que tamén é unha boa opción"

Sabela Fraga Costa

Sabela Fraga Costa

Historiadora da arte. Titulada do noso Máster en Filosofía (USC) e Doutora en Belas Artes (UVigo)

Animaría a cursar o máster a todas aquelas persoas que queiran facer traballo de investigación, ben sexa na universidade ou de xeito independente. Desde a miña experiencia, o programa de estudos e o profesorado axudou a alicerzar con moito rigor as bases metodolóxicas e críticas da reflexión teórica, mais tamén a curiosidade e o respecto polo coñecemento. É un máster no que a diversidade e a calidade non só reside nas materias, senón no alumando que acolle doutras carreiras alén da filosofía

Cruz Fernández González

Cruz Fernández González

Enfermeira. Licenciada en Matemáticas y en Filosofía. Titulada del Máster en Filosofía. Actualmente investigadora predoutoral do programa de Filosofía da USC

“Unha das cousas que máis me gustou de facer o Máster é que coincidín alí con xente que viña de moi diferentes áreas: de socioloxía, belas artes, historia, física, e como no meu caso, as matemáticas e a sanidade. Cada un achegaba a súa particular visión, sobre os temas que tratabamos: xustiza, igualdade, beleza, liberdade, moral, etc. todas elas cuestións fundamentais. O Máster proporciona así un espazo de intercambio de ideas con persoas diferentes, interesantes e sen medo a afondar. Este feito enriquecía moito as reflexións compartidas nos traballos e nas aulas que sempre son moi abertas ó diálogo e a comunicación.

Eu fixen o Máster cando xa era maior, e levaba moitos anos traballando como enfermeira con enfermos mentais. Estou totalmente segura de que a reflexión filosófica que realicei alí, (tamén durante o grao) me fixo mellor profesional. Por unha banda, axudoume a mellorar os meus recursos e a desenvolver outros novos: a capacidade de comunicación (escrita e oral) e as habilidades sociais, pois aprendín a entender un pouco mellor os meus compañeiros e por suposto, e máis importante, os pacientes. Fun moito máis consciente dos riscos que entraña un traballo como o meu, onde os profesionais caemos moitas veces, coa mellor intención, en dinámicas que directamente violan a liberdade e autonomía dos enfermos: (infantilizamos, manipulamos, incapacitamos...). A filosofía potencia a capacidade crítica das persoas. Nos volvemos máis rebeldes, máis inconformistas, e con moita menos tolerancia ante as inxustizas. Pode que haxa quen diga que isto non é útil... Evidentemente non fai a vida máis fácil, polo contrario, as veces a volve máis complicada pero dalgún modo tamén a fai máis auténtica e máis consciente".

Emma Cepeda Mouriño

Emma Cepeda Mouriño

Titulada do Máster en Filosofía. Actualmente doutoranda do Programa de Filosofía USC (Bolseira predoutoral)

"A miña etapa no Máster en Filosofía foi unha experiencia moi positiva e educativa. Un dos aspectos que máis valoro é o seu carácter interdisciplinar, que me permitiu compartir espazos con persoas de diferentes áreas de coñecemento. Este intercambio enriqueceu moito as discusións e ofreceume novas perspectivas que ampliaron o meu marco conceptual e as ferramentas analíticas. Ademais, adquirín recursos teóricos e metodolóxicos que reforzaron a miña carreira investigadora e que sigo empregando no meu traballo actual. Recomendaría este máster a quen busque non só unha comprensión máis profunda da filosofía, senón tamén unha oportunidade para dialogar con outras disciplinas e afondar no pensamento filosófico, especialmente en cuestións relacionadas coa cidadanía, a ética e a política."

Emma Cepeda Mouriño

Emma Cepeda Mouriño

Titulada do Máster en Filosofía. Actualmente doutoranda do Programa de Filosofía USC (Bolseira predoutoral)

"A miña etapa no Máster en Filosofía foi unha experiencia moi positiva e educativa. Un dos aspectos que máis valoro é o seu carácter interdisciplinar, que me permitiu compartir espazos con persoas de diferentes áreas de coñecemento. Este intercambio enriqueceu moito as discusións e ofreceume novas perspectivas que ampliaron o meu marco conceptual e as ferramentas analíticas. Ademais, adquirín recursos teóricos e metodolóxicos que reforzaron a miña carreira investigadora e que sigo empregando no meu traballo actual. Recomendaría este máster a quen busque non só unha comprensión máis profunda da filosofía, senón tamén unha oportunidade para dialogar con outras disciplinas e afondar no pensamento filosófico, especialmente en cuestións relacionadas coa cidadanía, a ética e a política."

Nicolás Núñez Fernández

Nicolás Núñez Fernández

Máster en Filosofía (USC)

Matriculei-me neste mestrado com dispensa de assistência porque tinha que compaginar os estudos com o trabalho. O processo de solicitude foi muito fácil e não houve qualquer problema, apenas tive de apresentar documentação que demonstrasse que não podia assistir às aulas por coincidirem com os horários do trabalho. Quanto à dinâmica do mestrado, é importante ter presente que são muitas matérias de curta duração, por isso convém saber o tempo real disponível para o estudo de modo a organizar-se bem. É possível fazê-lo num ano, mas existe a opção de fazê-lo em dois; dependerá sempre do contexto específico de cada quem e/ou do ritmo de estudo preferido.

Jennifer Abal da Silva

Jennifer Abal da Silva

Máster en Filosofía (USC). Actualmente investigadora predoutoral en Filosofía (USC)

"A miña experiencia no Máster Universitario en Filosofía da USC foi especialmente enriquecedora tanto pola formación filosófica recibida como pola posibilidade de afondar nunha perspectiva que considero fundamental para a investigación filosófica: a teoría feminista. No meu caso, cursei o itinerario de Cidadanía e globalización, que foi especialmente importante pola posibilidade de atopar materias nas que puiden traballar cuestións de teoría feminista que xa me interesaban antes de iniciar o máster. Neste sentido, un dos aspectos que máis valoro do máster é precisamente a presenza específica desta perspectiva fronte a outros itinerarios nos que a teoría feminista ou de xénero ocupan un lugar secundario ou inexistente. Este máster ofrece materias que permiten abordar cuestións fundamentais da filosofía feminista e incorporar as súas achegas ao estudo da filosofía política e da ética. Así mesmo, favorece a revisión critica de conceptos e tradicións filosóficas dende perspectivas que durante moito tempo tiveron unha presenza limitada nos espazos académicos.
Para min, o máster supuxo así unha oportunidade para comprender a filosofía dende unha perspectiva máis crítica e para recoñecer a teoría feminista como unha dimensión fundamental do pensamento filosófico. Por este motivo, considero especialmente importante esta formación para as estudantes que desexen continuar unha traxectoria investigadora."