Forzas da reprodución. Para unha ecoloxía política feminista

El próximo xoves 9 de abril as 17.30h, Stefanía Barca, profesora de Historia da Universidade de Santiago de Compostela, disertará sobre as “Forzas da reprodución. Para unha ecoloxía política feminista”.

Esta charla ofrece unha síntese do libro Forces of Reproduction. Notes for a Counterhegemonic Anthropocene (Cambridge U.P. 2020), en vía de tradución pola editorial Catarata. O libro desenvolve unha crítica feminista do concepto de Antropoceno, integrado nunha narrativa hexemónica que representa o “Home” como a forza xeolóxica dominante do noso tempo, facendo fincapé tanto no poder destrutivo como redentor das tecnoloxías industriais. Adoptando unha abordaxe de xustiza narrativa, e inspirándome nas loitas da “Alianza dos Povos da Floresta”, desenvolverei unha narrativa contrahexemónica que pon en primeiro plano o traballo reprodutivo e de subsistencia e, polo tanto, aquelas subxectividades que, a través de prácticas cotiás e acción política organizada, coidan as condicións biofísicas para a reprodución humana, mantendo o mundo vivo.

BIO

Stefanía Barca

Stefania Barca é profesora titular de Historia Contemporánea na USC, onde imparte as materias de Xénero e historia e de Historia ambiental. É IP no Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Orixinaria de Italia, traballou nas universidades de Yale, Berkeley, Coimbra, Lund e Uppsala, onde ocupou o cargo de profesora “Zennstrom” en Liderado do Cambio Climático en 2021. Coordina a rede internacional de Transición Xusta e Coidados da UNRISD.
Biografía