Que teñen que ver, filosóficamente falando, un pensador sempre tachado de metafísico polos seus grandes discípulos e ligado usualmente á fenomenoloxía, José Ortega e Gasset, cun neopragmatista, Richard Rorty, ao que se considerou, con máis ou menos razón, un dos grandes adaíles e defensores diso que se chamou postmodernidade? E se pasamos ao ámbito máis estritamente social, educativo, moral ou político, que sentido ten xuntar a un liberal antiutópico que terminou os seus días en posicións, paréceme, claramente conservadoras, cun liberalb no sentido estadounidense do termo, que se pasou a vida defendendo a democracia como utopía e a socialdemocracia como ideoloxía política? En momentos de crises como o presente, quizá podamos aprender algunhas cousas importantes dunha lectura cruzada de ambos pensadores.

BIO

Jesús M. Díaz Alvarez

Biografía