Unha vez comezado o curso, inauguramos unha nova edición do Ciclo de Conferencias Coñecemento e Cidadanía (CCC), organizado pola Coordinación do Máster en Filosofía.
Este mes de outubro teremos tres conferencias. Convídase xa á primeira “Los problemas de la conservación patrimonial: el caso de las ruínas prehispánicas de Chinchero (Perú)” que impartirá o investigador do INCIPIT-CSIC Pablo García Bengoechea, o Martes 10 de outubro ás 16h. A asistencia ao Salón de Actos, da Facultade de Filosofía, será libre ate completar aforo.
 

Desde a súa conversión en xacemento arqueolóxico e a súa declaración como “Patrimonio Cultural da Nación”, as ruínas incas de Chinchero, nas montañas peruanas, foron sometidas a políticas monumentalistas de conservación arqueolóxica inspiradas nos principios universalistas da UNESCO. Estas políticas oficiais entenden a conservación como un instrumento de xestión cultural e territorial orientado a preservar a integridade física do lugar, a súa explotación turística e a regulación estrita das relacións entre os habitantes e o seu legado histórico. Porén, a filosofía da conservación, enraizada na modernidade occidental, entra en conflito cos valores, usos e relacións que mantiveron historicamente os colonos andinos coa súa cultura material. Nesta charla analizaranse estas tensións e suxerirán alternativas aos actuais modelos de xestión cultural que xeran fracturas de diferente índole.

BIO

Pablo García

Profesor titular da Universidade Nacional de Educación a Distancia

Antropólogo e investigador postdoctoral Marie Curie, afiliada desde maio de 2022 ao Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). Despois de doutorarse en 2015 pola Universidade de Saint Andrews (Escocia), viviu varios anos en Perú. No país andino dedicouse á docencia a nivel universitario, labores de investigación e consultoría para organismos nacionais e internacionais no ámbito do patrimonio cultural e do desenvolvemento rural. A súa actividade investigadora centrouse no estudo dos procesos patrimoniais das paisaxes indíxenas dos Andes peruanos, nun contexto de posta en valor para o consumo turístico. O seu proxecto actual Marie Curie (Temporalities of Andean Heritage Landscapes) incorpora os conceptos andinos de tempo e espazo en modelos alternativos de xestión do patrimonio arqueolóxico máis inclusivos e respectuosos coa tradición local.