Estrutura

O plan de estudos está formado por catro módulos e un Traballo de Fin de Máster que suman un total de 60 créditos.

Módulos

1. Formación básica
2. Materias obrigatorias do itinerario “Coñecemento e Comprensión do Mundo”
3. Materias obrigatorias do Itinerario “Ciidadanía e Globalización”
4. Materias optativas
5. Traballo de Fin de Máster

O máster está estruturado en catro módulos e o Traballo Fin de  Master. O alumnado debe realizar integramente o módulo 1, que son materias de formación básica e común. O alumnado debe optar entre o módulo 2, que se corresponde co itinerario de “coñecemento e comprensión do mundo” ou o módulo 3 que se corresponde coa itinerario “cidadanía e globalización”. Así mesmo, complementarán a súa formación con 3 materias das que se ofertan no módulo 4, que son materias  optativas. Ademais, todo o alumnado deberá realizar un Traballo de Fin de Máster.

1ro semestreMódulo 1 (Obrigatorias)Módulo 2 (Itinerario 1)Módulo 3 (Itinerario 2)
2do semestreMódulo 4 (Optativas)Traballo Fin de Máster (Obrigatorio)
Primeiro Semestre

Módulo 1: 6 Materias de Formación Básica

  • Cidadanía, Xustiza e Democracia
  • Signo, Representación, Realidade
  • O Concepto Antropolóxico da Cultura e da Diversidade Cultural
  • Ciencia, Técnica, Pensamento
  • Problemas de Estética Contemporánea
  • Técnicas de Traballos de Investigación

Módulo 2: 6 Materias Obrigatorias do Itinerario “Coñecemento e Comprensión do Mundo”

  • Desenvolvemento do Coñecemento Científico
  • Teorías e Procesamento da información
  • Mente Humana
  • Pensamento e Discurso
  • Pensamento e Humanidades Dixitais
  • Perspectivas Actuais da Filosofía da Historia

Módulo 3: 6 Materias Obrigatorias do Itinerario “Cidadanía e Globalización”

  • Xénero e Teoría feminista
  • Éticas Aplicadas
  • Cosmopolitismo e Cidadanía Global
  • Patrimonio Cultural e Identidade
  • Pensar a Economía
  • Arte e Cidade
Segundo Semestre

Módulo 4: 3 Materias Totalmente Optativas (cada curso ofertanse un mínimo de 6 das seguintes materias)

  • Filosofía e Empresa
  • Pensar o Coñecemento
  • Linguaxe, Representación e Comunicación
  • Bioética Actual
  • Teorías da Complexidade
  • Filosofía, Historia, Ciencias Humanas
  • Arqueoloxía, Antropoloxía, Historia
  • Nacións, nacionalismos e movementos étnicos na era da globalización
  • Filosofía e Literatura
  • O Malestar na Filosofía Contemporánea e a Teoría Psicoanalítica
  • O Método Etnográfico. O seu uso en Humanidades e Ciencias Sociais
  • Dialécticas entre lo Rural e o Urbano

Traballo Fin de Máster (15 créditos).