DESENVOLVEMENTO
O Máster ten a modalidade de clases presenciais, aínda que para o seguimento das materias contarase tamén coas facilidades que achega o Campus Virtual da USC, por exemplo a plataforma Moodle. A docencia ten lugar en diferentes aulas e seminarios da Facultade de Filosofía (USC) dotadas das capacidades tecnolóxicas necesarias para o desenvolvemento da docencia, así como as condicións apropiadas para o traballo interactivo entre estudantes e docentes.
As actividades académicas comezan a mediados de setembro de acordo ao calendario académico universitario. Podes consultar os horarios deste curso aquí
EQUIPO DOCENTE
O profesorado do máster está formado por persoal docente e investigador de recoñecida experiencia e prestixio nas súas diferentes áreas de coñecemento, dotando ao máster dun carácter interdisciplinar: Filosofía, Antropoloxía Social, Ciencias Políticas, Comunicación Audiovisual, Historia, Socioloxía, Economía, Bioloxía e Física.
COMISIÓN ACADÉMICA DO MASTER
Presidente
Xavier de Donato Rodríguez (Decano)
Secretaria
Yolanda Pacios Cancelo (Responsable da Unidade de xestión)
Vogais
Iolanda Martínez Suárez (Coordinadora do Máster)
Oscar Parcero Oubiña (Responsable de Calidade, vicedecano)
Xoán Ramón Doldán García (PDI)
José Luis Falguera López (PDI)
Oscar Horta Álvarez (PDI)
Guadalupe Jiménez Esquinas (PDI)
María Xesús Vázquez Loberias (PDI)
Manuela Nores Fresco (Alumnado)
Esteban Rodríguez Bandín (Alumnado)